Universidade de Vigo

Persoal de atlanTTic organiza un dos talleres de WiMob2020, unha das principais citas internacionais en comunicacións móbiles

O Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) do centro de investigación atlanTTic participará o vindeiro luns día 12 de outubro na XVI edición da International Conference on Wireless and Mobile Computing, Networking and Communications, WiMob 2020, un dos congresos máis importantes do mundo no ámbito das comunicacións móbiles. Farao organizando o 7th International Workshop on Cooperative Wireless Networks – CWN 2020, un obradoiro no que se abordarán as últimas novidades sobre as redes sen fíos cooperativas, un dos elementos clave para o avance da que será a Internet do futuro.

Se ben estaba previsto que este encontro se celebrase na cidade grega de Tesalónica a crise sanitaria provocada pola covid-19 obrigou a que todas as actividades se realicen nesta edición de xeito virtual, incluído o CWN 2020, cuxa organización corre a cargo dos investigadores de atlanTTic Cristina López Bravo, Pablo Fondo Ferreiro e David Candal Ventureira, xunto a Antonio Javier García Sánchez da Universidad Politécnica de Cartaxena.

Seguir lendo no DUVI