O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza a segunda xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” o próximo 22 de febreiro de 2024. O obxectivo fundamental é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade, xa que o futuro só se pode construír en igualdade se a tecnoloxía tamén se crea e se usa dese xeito. Esta actividade conta co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo.
O evento celebrarase no Edificio Miralles do campus da Universidade de Vigo (Sala 1) e tamén se poderá seguir en directo a través da Canle 1 de UVigo-TV.
Formulario de inscrición
Programa da xornada
Esta nova xornada centrarase na Intelixencia Artificial e contará coa participación de cinco mulleres expertas neste ámbito.
11.00 Apertura institucional:
- Águeda Gómez Suárez. Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Martín Llamas Nistal. Director do Centro de Investigación atlanTTic.
- Rebeca P. Díaz Redondo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
11.20 Mesa redonda:
-
Carmen García Mateo. Investigadora da área Servizos Dixitais de atlanTTic e catedrática da E.E. de Telecomunicación (Universidade de Vigo).
-
Ana Garriga Domínguez. Investigadora do grupo MEDEA-Iuris (Universidade de Vigo).
- Verónica Bolón Canedo. Investigadora da área Intelixencia Artificial do CITIC (Universidade da Coruña).
- Silvia Abalo Bóveda. Investigadora da área Información Multimodal de Gradiant.
- Sonia Valladares Rodríguez.Co-fundadora de DataSalus e investigadora do grupo de Sistemas Intelixentes (Universidade de Santiago de Compostela).
- Modera: Edita de Lorenzo Rodríguez. Investigadora de atlanTTic, docente da E.E. de Telecomunicación e Enlace de igualdade de atlanTTic (Universidade de Vigo).
12.45 Pausa – Café.
13.00 Debate.
13.30 Peche da sesión.