AidFork, a iniciativa de análise forense de atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación) da Universidade de Vigo, organizou para este mércores 28 un seminario en liña aberto ao público no que afondar en diferentes temáticas relacionadas coa identidade dixital, a privacidade e a seguridade da información. Digital Identity, Data Privacy & Authentication: A multifaceted overview é o nome deste seminario web que reunirá ás diferentes partes interesadas da industria, do ámbito académico e do ámbito gubernamental que desempeñan un papel clave na transformación dixital.
Detrás da organización deste seminario está o Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, integrado en atlanTTic, e responsable tamén de AidFork. O obxectivo deste evento é amosar a necesidade de establecer colaboracións e xerar diálogo arredor da importancia de confiar na tecnoloxía multimedia.
Máis información sobre a xornada, que se poderá seguir en streaming, e sobre o rexistro gratuíto na páxina web de AidFork.
Fonte: DUVI.