Universidade de Vigo

Xornada de Portas Abertas Conecta con atlanTTic

Conecta con atlanTTic

Queres descubrir de primeira man o que facemos en atlanTTic? O vindeiro venres 18 de novembro de 2022, no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic), celebramos a nosa Xornada de Portas Abertas, ofrecéndovos a oportunidade de visitar  as instalacións e coñecer de preto o traballo das nosas investigadoras e dos nosos investigadores. A xornada celebrarase en horario de tarde das 16.00 ás 19.00 h. Non podedes faltar!

Inscrición gratuíta

Programa

Durante a xornada #ConectaconatlanTTic, parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en ámbitos clave para as telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, algunhas das nosas principais liñas de traballo:

  • Comunicacións 5G.
  • Comunicacións ópticas.
  • Aplicacións accesibles.
  • Intelixencia Artificial.
  • Radar e xeolocalización.
  • Patrimonio 4.0.
  • Saúde dixital.
  • Educación dixital.
  • Observación da Terra.
  • Nanosatélites.

Aparte das demostracións do noso equipo de investigadoras e investigadores, poderedes coñecer as instalacións e visitar varios dos nosos laboratorios, como o Laboratorio de Acústica, que agocha unha cámara semianecoica. Visitastes algunha? Sabedes para que se emprega? Este ano, como novidade, o Laboratorio de Fotónica abre tamén as súas portas ás visitas. Por outra banda, outro ano máis, o Laboratorio de Seguimento de Satélites amosará ás persoas como é o traballo nel.

Ademais, facer un percorrido por tódolos stands pode ter premio! Ao completar o circuito, poderedes entrar no sorteo dun súper kit de atlanTTic con productos e artigos do noso centro para lembrar dun xeito moi especial a vosa visita.

Ver programa completo

Así foi a Xornada de Portas Abertas de 2021

Na pasada edición as persoas que se achegaron ao centro puideron non só coñecer os proxectos máis innovadores do noso persoal investigador, senón que tamen tiveron a oportunidade de visitar as cámaras anecoicas e outras salas e descubrir o que se fai nelas.

 

 

Agardámosvos o día 18 de novembro!

Como chegar

Dirección:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Rúa Maxwell s/n, Campus As Lagoas-Marcosende
36310 Vigo

En transporte urbano:
U1 Lanzadeira Praza América
U2 Lanzadeira Praza España
L15C

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.