O congreso científico JNIC 2023 celebrarase en Vigo do 21 ao 23 de xuño

O próximo mes de xuño Vigo será a sede das «VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC)» do 21 ao 23 de xuño, un evento que organizamos este ano desde atlanTTic e Gradiant, no que colabora o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e que terá lugar na Sede Afundación. As «Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC)» son un congreso científico que serve de punto de encontro onde os diversos actores que traballan no eido da investigación en ciberseguridade (universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, empresas, e administración pública) intercambian coñecemento e experiencias co obxectivo de potenciar a investigación no campo da ciberseguridade a nivel nacional.

Isto fai das xornadas un escaparate onde se amosan os últimos avances científicos en materia de ciberseguridade e xera un foro de debate no que presentar perspectivas e enfoques innovadores, posibilitando a conexión entre a acción investigadora e innovadora e o desenvolvemento de produtos e servizos de valor para a sociedade. Investigadores e profesionales de diferentes puntos da xeografía nacional presentarán os resultados das súas investigacións científicas desde diversas perspectivas cun nexo común: a ciberseguridade. A investigación, a transferencia e a formación en ciberseguridade serán os tres eixes nos que se centrarán as xornadas.

Call For Papers

As persoas investigadoras interesadas en participar na próxima edición das JNIC poderán enviar as súas contribucións científicas relevantes e recentes en todos os campos relacionados coa ciberseguridade e as súas aplicacións. Os artigos presentados poderán ser en inglés ou en castelán, nos seguintes tres tracks:

  • Investigación en ciberseguridade
  • Transferencia
  • Formación

A data límite para o envío de aportacións é o vindeiro 31 de marzo. O comité de programa científico de JNIC revisará os traballos recibidos, valorando a súa aceptación ou rexeitamento. Os traballos aceptados presentaranse no transcurso das JNIC.

Call For Papers (CFP)

Call For Flags, ¿aceptas el reto?

O Call For Flags propón ás e ós participantes a creación dun reto en ciberseguridade. Os CTF (Capture The Flag) en ciberseguridade lévanse a cabo co obxectivo de mellorar as habilidades e avaliar o coñecemento. Para esta convocatoria, docentes, estudantes e profesionais poder deseñar os seus propios retos e enviar unha contribución adaptada ao formato proposto. Os retos presentados deben tratar algunha ou varias das seguintes disciplinas:

  • Exploiting
  • Análisis Forense
  • Hacking web
  • Criptografía
  • Esteganografía

A data límite para o envío de retos para o Call for flags é o 31 de abril.

Call For Flags (CFF)

Visita a web das VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade  e descubre todos os detalles sobre o evento.