Hoxe celebrouse a primeira sesión deste ciclo de sesións matinais co proxecto “edgeContinuum” da man dos investigadores Alberto Estévez e Rubén Pérez
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, inaugurou hoxe un ciclo de almorzos-networking denominado “A cup of TTic” que busca ser un punto de encontro relaxado, inspirador e dinámico onde o persoal investigador poida presentar e dar a coñecer a súa investigación, compartir inquietudes e explorar posibles colaboracións.
Neste primeiro encontro os investigadores do centro Alberto Estévez Caldas e Rubén Pérez Vaz presentaron ás persoas asistentes o proxecto de proba de concepto “edgeContinuum”, financiado polo programa IGNICIA da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Estas sesións matinais celebraranse periodicamente e están abertas a todo o persoal investigador do centro. O formato inclúe a presentación dun proxecto ou liña de investigación e un tempo adicado ao almorzo e á conversa.
A segunda sesión de «A cup of TTic» será o vindeiro 29 de abril e contará coa presentación do investigador José Manuel Ramírez Sánchez, que falará sobre os proxectos COPERIA e VISIA, dentro da liña de investigación sobre detección de desordes neurolóxicicos usando tecnoloxías multimedia.