Universidade de Vigo

O investigador Juan José López Escobar participa no programa “De 0 a 100” de La Voz de Galicia

O investigador de atlanTTic Juan José López Escobar, participou no programa “De 0 a 100”, impulsado por La Voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Explicoulles aos alumnos e alumnas de Bacharelato do IES República Oriental do Uruguai de Vigo aspectos relacionados coa Internet das Cousas (IoT) e as redes móbiles 5G e 6G, e incidiu na importancia dun uso responsable do noso perfil dixital, imprescindible para ter unha boa experiencia como usuarios de Internet. Tamén abordou o futuro das conexións inalámbricas, a transformación dixital das cidades ou a crecente presenza de vehículos autónomos.