
¿Pode un algoritmo entender a Ría de Vigo? ¿E se os edificios non foran tan inmóbiles como parecen? ¿A intelixencia artificial pode aprender sen compartir os teus datos?A estas e a moitas outras preguntas darase resposta nas charlas científicas que terán lugar os días 18, 19 e 20 de maio en Vigo, participando no maior evento de divulgación científica gratuíto do mundo.
Neste festival, investigadoras e investigadores de todas as disciplinas achegan o seu traballo ao público nun ambiente pouco habitual para a ciencia: os bares, convertendo estes espazos cotiáns en puntos de encontro entre o coñecemento e a curiosidade.
En Vigo, Pint of Science celebrarase no Bar El Castro e no Café De Catro a Catro, cun total de 14 charlas científicas que cubrirán un amplo abanico de temáticas, desde a tecnoloxía, a biomedicina e a química ata o estudio do planeta e a lingüística.
Entre as persoas investigadoras e científicas que participan nesta edición de Pint of Science Vigo, destacan nomes como María Mayán, quen abordará os avances máis recentes na investigación do cancro, os baleiros de coñecemento que aínda persisten e os grandes retos pendentes para lograr curalo ou convertelo nunha enfermidade crónica; Antonio Figueras, que descubrirá o sorprendente “superpoder” do mexillón para sobrevivir a condicións extremas e as leccións que pode aportar tanto á ciencia como á sociedade; e Saida Ortolano, cunha charla que porá o foco nas enfermidades raras, os seus avances e desafíos, e en como o seu estudio resulta clave para entender mellor procesos fundamentais do organismo e de enfermidades moito máis frecuentes.
A programación completa pode consultarse na web https://pintofscience.es/events/vigo.
Un dos obxectivos da organización en Vigo é establecer o diálogo directo entre os investigadores e investigadoras e a sociedade. Reyes Riveiro, responsable de comunicación do equipo de Vigo, subliña que “a miúdo asociamos a ciencia con algo complexo ou afastado, cando en realidade o problema moitas veces está en como se conta. En Pint of Science rompemos con esa idea levando a ciencia aos bares e comunicándoa nunha linguaxe clara, próxima e sen barreiras. Ese ambiente distendido invita a participar, a preguntar sen medo e a descubrir que incluso as ideas máis complexas poden entenderse e gozarse de forma sinxela”.
Pint of Science no resto de España
O festival gratuíto de ciencia en bares Pint of Science España levará un total de 1.300 investigadores e investigadoras a 114 cidades e vilas os días 18, 19 e 20 de maio. Con máis dun milleiro de eventos repartidos en decenas de localidades, o festival aposta este ano por reforzar a súa presenza en contornas menos poboadas, levando a ciencia a bares de 29 áreas rurais que participan por primeira vez a través de charlas divulgativas, monólogos e experimentos nunha linguaxe sinxela e nun ambiente próximo e participativo. Tras cada sesión, o público poderá interactuar directamente cos científicos y científicas, favorecendo un diálogo aberto e accesible que satisfaga todas as súas preguntas e sede de ciencia.
Un dos principais obxectivos da organización é reducir a brecha entre o coñecemento científico e os territorios lonxe dos grandes núcleos urbanos. En moitas ocasións, as pequenas localidades quedan fóra dos circuítos habituais de eventos de divulgación científica, o que limita o acceso a información científica actualizada. “É fundamental que a ciencia chegue a todos os recunchos, non só ás grandes cidades. Nas vilas tamén hai curiosidade, talento e ganas de aprender”, explica Sandra Medrano García, responsable de Comunicación, quen subliña que o ambiente próximo que se crea nos bares facilita conversacións máis abertas e participativas.
Unha das claves desta edición é o papel dos investigadores e investigadoras que, ante a falta de oportunidades laborais nos seus lugares de orixe, desenvolven as súas carreiras noutros puntos do país ou no estranxeiro. Moitas destas persoas regresan temporalmente ás súas vilas para participar no festival, compartindo os seus coñecementos con familiares, amizades e xente da veciñanza. Este retorno simbólico non só achega a ciencia, senón que tamén reforza o vínculo entre a comunidade e aqueles que tiveron que marchar para continuar a súa traxectoria profesional.
Ademais, o festival pon en valor a importancia de visibilizar referentes científicos en contextos rurais, onde o acceso a este tipo de modelos é máis limitado. A interacción directa permite desmontar a idea de que a ciencia é inaccesible ou afastada, mostrando que detrás de cada investigación hai persoas con historias próximas e experiencias compartidas. Un exemplo son as investigacións en agricultura, medio ambiente e xestión forestal con gran impacto económico e social.
O coordinador nacional do festival Carlos Peris Torres destaca que “cada charla nun entorno rural é unha oportunidade única para sementar interese e espertar vocacións. Cando alguén ve que un veciño o veciña da propio contorna logrou desenvolvera unha carreira científica axuda a que este camiño se perciba como algo máis próximo e posible. A ciencia tamén pertence ás vilas, e este festival é unha forma de devolverlles ese coñecemento”.
Pint Kids: espertando a curiosidade científica desde a infancia
Pint of Science da un paso más na súa aposta por espertar vocacións científicas desde idades temperás. Diversos estudios, como o realizado pola FECYT y la Fundación “la Caixa”, confirman que as actividades de divulgación non só espertan curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía, senón que ademais teñen un impacto especialmente significativo no alumnado con menor rendemento académico, aumentando o seu interese polos estudios STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).
Baixo esta premisa nace Pint Kids, unha nova proposta que por segundo año consecutivo levará a ciencia aos más novos dentro do propio entorno do festival. Trátase de sesións específicas para menores de 18 anos que se desenvolverán nos bares participantes e que combinarán dous formatos: charlas adaptadas sobre investigación científica e talleres prácticos con experimentos pensados para aprender de maneira dinámica.
Como novidade, esta edición incorpora en Vigo una programación dirixida a nenas e nenos entre 8 e 12 anos. Baixo o título “Pint Kids: Ciencia miúda”, este evento realizarase o martes 19 de maio, a partir das 17:30 horas, no Café De Catro a Catro con dúas charlas interactivas “Comida lista, ciencia lista: seguridade no teu prato”, a cargo de Raquel Nogueira, e “Ciencia para coidar a auga do futuro”, por María Pazo Rodríguez. Unha proposta que achega a ciencia ao público infantil de forma didáctica, participativa e adaptada á súa curiosidade.
Co obxectivo de organizar grupos adecuados e garantir unha experiencia educativa de calidade, as sesións de Pint Kids requirirán inscrición previa a través da web da iniciativa.
Once anos de Pint of Science en España
Ao longo das súas dez edicións pasadas en España, Pint of Science converteu a divulgación científica nunha auténtica experiencia social, con 2.200 eventos celebrados en 1.000 bares, a participación de máis de 5.300 investigadoras e investigadores e a asistencia de arredor de 130.000 persoas como público. Neste contexto, a undécima edición preséntase como a máis ambiciosa ata a data, tanto polo número de actividades previstas como polo incremento de localidades implicadas.
A iniciativa naceu en maio de 2013 en Reino Unido, cando os investigadores Michael Mostkin e Praveen Paul organizaron unha charla nos seus propios laboratorios para achegar o seu traballo a persoas afectadas por diferentes enfermidades mentais. O impacto foi tan positivo que xurdiu unha pregunta clave: “se a xente vai aos laboratorios… ¿por que non levar a ciencia ao lugar onde está a xente, os bares?”.
O que comezou como unha idea local creceu ata converterse nun fenómeno global. En 2026, Pint of Science celebrarase de forma simultánea nos cinco continentes, coa participación de 27 países. Australia será o punto de partida deste maratón internacional de divulgación, abrindo os seus bares ao coñecemento e dando inicio a tres días consecutivos de ciencia compartida en todo o mundo.
En España, a iniciativa está impulsada pola Asociación de Divulgación Científica Pint of Science España, que conta co traballo coordinado de máis de 750 persoas voluntarias, ademais do apoio de numerosas entidades patrocinadoras e colaboradoras que fan posible cada edición.
Pint of Science 2026 é un evento gratuíto para o todo o mundo que queira asistir, e non sería posible se non fose polo apoio e colaboración de entidades locais como o Concello de Vigo, así como o patrocinio de UNED Pontevedra, Consorcio Zona Franca de Vigo, Leboriz, Optare Solutions e Rei Zentolo; e, a nivel nacional, de Fundación Pfizer, Labbox, CESIF, VHIO, Miltenyi, JJNN, Vadillo Asesores e máis de 70 patrocinadores locais.