Universidade de Vigo

Martín Herrero, Julio

Profesor/a titular de universidad
Contacto
Despacho A-509

Julio Martín Ferreiro é Enxeñeiro de Telecomunicación (Vigo), Doutor en Física (Vigo) e Doutor en Sinal e Imaxe (Bordeus). Realizou estadías longas na University of the South Pacific (Fiji), Universidade Nacional Maior San Marcos de Lima (Perú), Université Bordeaux I (Francia), The University of Western Australia (Australia), Curtin University of Technology (Australia) e Edith Cowan University (Australia). Participou en dúas expedicións antárticas co Programa Polar Portugués (PROPOLAR), Instituto Antártico Chileno (INACH) e Korea Polar Research Institute (KOPRI). Na actualidade é un investigador independente dentro de AtlantTIC. Publicou unha vintena de artigos JCR citados un par de centenares de veces, e é revisor para unha vintena de revistas do JCR. É autor ou coautor de 4 patentes. As súas liñas de investigación inclúen, entre outras, integración de sistemas de imaxe hiperespectral, o seu procesado e aplicacións, visión artificial, análise espacial e optimización algorítmica. Mantén colaboracións internacionais en teledetección ambiental e en viticultura de precisión, e realiza frecuentes contratos coa industria para automatización e optimización de procesos, incluíndo visión por computador, robótica e sistemas de control con elevadas esixencias de velocidade e complexidade. É cofundador da spin-off Sound of Numbers, empresa dedicada ao desenvolvemento de software avanzado para enxeñería acústica, con representación actualmente en 47 países.