O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza o vindeiro 12 de decembro, coa financiación do Distintivo de Igualdade da Unidade de Igualdade da UVigo, a xornada “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” coa que dará comezo a un ciclo de conferencias e coloquios sobre esta temática. O obxectivo fundamental é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade, xa que o futuro só se pode construír en igualdade se a tecnoloxía tamén se crea e se usa dese xeito.
O evento celebrarase no Edificio Miralles da Universidade de Vigo (Sala 1) e tamén poderá seguirse en directo a través de UVigo-TV. En ambos casos, é preciso inscribirse e entregarase diploma de asistencia.
Programa da xornada
11.00 Presentación institucional:
- Mónica Valderrama Santomé, Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.
- Martín Llamas Nistal, Director de atlanTTic.
- Laura Docío Fernández, Subdirectora de Difusión e Captación da E.E. de Telecomunicación.
- Mar F. Cendón, Técnica da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
11.20 Mesa redonda coa participación de:
- Uxía García Luis, Investigadora do grupo GTA de atlanTTic, primeira doutora en Enx. Aeroespacial pola UVigo.
- Laura Rodríguez Rodríguez, Enxeñeira de Telecomunicación pola UVigo, Airbus Defence and Space.
- Yanina Hallak, CEO Co-fundadora de UARX Space.
- Elena Beatriz Martín Ortega, coordinadora do Máster universitario en Enx. Aeroespacial da UVigo.
- Cristina Cuerno Rejado, catedrática da UPM e directora da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio (ETSIAE) da UPM.
- Modera: Edita de Lorenzo Rodríguez, investigadora de atlanTTic e docente da EET, enlace de igualdade de atlanTTic na UVigo.
12.45 Pausa – Café
13.00 Dinámicas e debate
13.30 Peche da sesión:
Yolanda Blanco Fernández, Subdirectora de atlanTTic.
Edita de Lorenzo Rodríguez, Investigadora de atlanTTic.