Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref. 0324-125759

REFERENCIA DA OFERTA 0324-125759

Data inicio solicitudes 08/02/2024
Data fin solicitudes 15/02/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño, desenvolvemento e documentación de software/hardware

Funcións a realizar

Na área SW: participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración. Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro. Depurar e validar o software desenvolvido.
Na área HW: Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos. Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións. Selección de compoñentes electrónicos. Participación no deseño de FMEAs, así como na simulación de probas de ciclo de vida e durabilidade para PCBs.
Documentar e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas ou similar

Retribución bruta mensual: 1.625,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: tempo completo (37.5 h/semana)

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 03/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN