Universidade de Vigo

Curso FormaTTic: Autoeficacia y Neurociencia

«Autoeficacia y Neurociencia: la necesidad de creer en que uno puede hacer el proyecto» (12 horas)

O obxectivo deste curso é capacitar aos investigadores e investigadoras para desenvolver unha sólida percepción de autoeficacia, utilizando principios da neuoricencia para fortalecer a súa confianza na realización de proxectos complexos.

O curso terá unha duración total de 12 horas, distribuídas en 4 sesións de 3 horas cada unha. Os detalles do curso son os seguintes:

  • Datas: 10, 12, 17 e 19 de xuño de 2025
  • Horario: de 10:00 a 13:00 h.
  • Lugar: Sala Acristalada, A010
  • Idioma: Castelán
  • Imparte: Luis Gil Calzada

INSCRÍBETE NESTE CURSO

Bio do relator: Psicólogo con 25 anos de experiencia en intervención psicolóxica, orientación laboral e investigación. Especializado en avaliación, tratamento conductual e deseño de proxectos en ámbitos clínicos, laborais e sociais. Ampla traxectoria en análise estatístico, xestión de equipos e docencia en psicoloxía, igualdade e recursos humanos.

Contidos:

  1. Concepto de autoeficacia e o seu impacto na investigación.
  2. Bases neurocientíficas da autoeficacia.
  3. Estratexias para potenciar a autoeficacia.
  4. Construción dunha contorna de autoeficacia.

Actividades:

  • Autoavalición de creencias de autoeficacia: Uso de escalas e exercicios reflexivos para identificar niveis de autoeficacia.
  • Taller de visualización: Práctica guiada de visualización de éxito en proxectos.
  • Simulación de retos: Resolución dun caso práctico en investigación, aplicando técnicas de autoeficacia.
  • Desenvolvemento dun plan persoal: Creación de estratexias concretas para fortalecer a autoeficacia en proxectos actuais.