O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebra o vindeiro venres 21 de novembro de 2025 a súa oitava edición da Xornada de Portas Abertas. Nesta xornada ofrecerémosvos a oportunidade de mergullarvos no mundo das telecomunicacións descubrindo o traballo das nosas investigadoras e investigadores.
DATA: Venres 21 de novembro de 2025
HORARIO:
- Quenda de mañá: de 10:00 a 13:00 – Centros educativos.
- Quenda de tarde: de 16:00 a 19:00 horas – Público xeral.
LUGAR: Tinglado do Porto de Vigo (Est. Porto, 3, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra)
Inscrición para asistir á xornada
Durante esta xornada, investigadores e investigadoras do centro amosará as investigacións que están a desenvolver en diversos ámbitos das telecomunicacións. Realizaranse demostracións e presentacións de proxectos para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, as principais liñas de traballo de atlanTTic: comunicacións 5G e 6G, comunicacións ópticas, aplicacións accesibles, intelixencia artificial, radar e xeolocalización ou nanosatélites.
Ademais, facer un percorrido por tódolos stands pode ter premio! As persoas que completen o circuíto entrarán no sorteo dun kit de agasallos de atlanTTic. Agardámosvos!