Universidade de Vigo

C3TF Cyber Competition 2026

O centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo acolle unha nova edición do C3TF Cyber Competition, unha xornada dedicada á ciberseguridade que combina conferencias especializadas e unha competición práctica de seguridade informática.

O programa dividirase en dúas partes:
•   Charlas e networking | Pola mañá, de 10.00 a 14.00 h, desenvolveranse charlas sobre distintos aspectos da ciberseguridade e as súas oportunidades.
•   Capture The Flag | Pola tarde, de 15.30 a 20.30 h, terá lugar o reto Capture The Flag (CTF), no que os equipos participantes deberán resolver desafíos de seguridade informática.

A actividade celebrarase simultaneamente en atlanTTic, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e no CITIC da Universidade da Coruña.

A competición contará con tres premios de 1.200, 900 e 600 euros, ademais de agasallos para todas as persoas participantes.

Inscrición: As persoas interesadas poden consultar o programa completo e a información sobre a inscrición na web oficial do evento: https://c3tf.io