Universidade de Vigo

Grupo de Ingeniería de Sistemas Telemáticos

Coordinador
Llamas Nistal, Martín

As liñas de investigación do grupo céntranse no traballo de prestación de servizos telemáticos en áreas de aplicación diferentes (e-goberno, e-learning, e-commerce, e-saúde, etc.) e os medios heteroxéneos (móbil, televisor, computador).

Os principais campos de interese do grupo son a formalización dos sistemas de distribución, a interconexión de sistemas heteroxéneos, a interoperabilidade en contornas de distribución e os sistemas de xestión de contidos, entre outros.

Liñas de investigación

  • Intelixencia Artificial e Xogos Serios para a detección temperá de enfermidades asociadas ao envellecemento.
  • Servizos de TV dixital para persoas maiores.
  • Sistemas intelixentes e Aprendizaxe Máquina.
  • E-health Process Mining. Seguimento, control de procesos, trazabilidade e adhesión a protocolos no ámbito da saúde.
  • Multimodal Learning Analytics. Análise de datos recollidos a partir de diferentes fontes (sistemas LMS, dispositivos móbiles e wearables) para comprender de forma holística o proceso de aprendizaxe.
  • E-avaliación.
  • E-learning centrado nos Recursos Educativos Abertos, sistemas de avaliación e aprendizaxe autorregulado.