![López García, Cándido Antonio](https://atlanttic.uvigo.es/wp-content/uploads/2023/07/candido.jpg)
Enxeñeiro de telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid, 1988) e Dr. Enxeñeiro de telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid, 1995). As súa liña de investigación está centrada nas redes de datos (calidade do servizo, enxeñaría de tráfico, avaliación de prestacións). É coautor de tres libros de texto, coautor dunha trintena de artigos de investigación publicados en revistas do JCR e de medio centenar de comunicacións en congresos, e director ou codirector de seis teses doutorais.