Universidade de Vigo

Expo-feira: A ciencia que vén ten nome de muller

Este venres 21 de abril chega á praza do Berbés, por segundo ano consecutivo, a expo-feira “A ciencia que vén ten nome de muller”  da Unidade de Cultura Científica da UVigo. O recinto da feira, instalado na praza do Berbés, coa finalidade de fomentar as vocacións científicas e investigadoras, dando a coñecer á sociedade o traballo desenvolvido nas universidades, nomeadamente o das investigadoras da UVigo, acolle este ano unha ducia de postos, 10 sobre proxectos, grupos e centros de investigación da universidade, un da Unidade de Igualdade da UVigo e outro informativo sobre a Deputación de Pontevedra. Persoal Investigador de atlanTTic asistirá á feira para amosar á cidadanía algúns dos seus proxectos.

De Galicia ao espazoRealidade virtual e realidade aumentada e A importancia das algas microscópicas mariñas son os títulos dalgúns dos obradoiros que entre as 16 e as 19.30 horas se desenvolverán na praza do Berbés, nos que as e os visitantes poderán somerxese, da man das e dos investigadores da UVigo, a través de obradoiros e experimentos en ámbitos como o medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía ou o patrimonio, as liñas temáticas elixidas para estas edición do evento.