Universidade de Vigo

Hacking Nivel Mega

A Cátedra R, o CPEIG, Armis, Gradiant, InprOTech, clod.gal, Forensic & Security e Qualinnova Consulting, organizan o venres 10 de febreiro a xornada “Hacking Nivel Mega”, un evento mix lúdico-formativo sobre ciberseguridade. O evento terá lugar no Museo MEGA Mundo Estrella Galicia, A Coruña, de 16:00 a 20:30 h.
O encontro incluirá unha visita ao museo MEGA, unha expericia de catas de cervexa e charlas sobre ciberseguridade con Juan González; “Crypto means cryptography”, e Joel Serna; “RFID en controis de acceso e sistemas de autoservizo”. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón.