Universidade de Vigo

NEW SPACE ESPAÑA 2022

Galicia converterase os días 27 e 28 de outubro de 2022 no punto de encontro das principais institucións, empresas e startups do sector aeroespacial en España. O evento New Space España chega a súa segunda edición, que se celebrará na Sede Afundación de Vigo, co obxectivo de analizar as capacidades, desafíos e proxectos da industria espacial española.

Durante as dúas xornadas do congreso, máis de 30 expertos e expertas participarán nunha serie de conferencias e mesas redondas nas que se analizarán os grandes proxectos de misións espaciais ligadas á marca España, as tendencias de maior relevancia do sector e as posibilidades de colaboración público-privadas que permitan atraer inversións a un mercado estratéxico. New Space España 2022 contará con representación de toda a cadea de valor da industria espacial española, desde fabricantes de satélites a provedores, lanzadores, inversores, organismos ata axencias públicas, entre outros.

Máis información sobre o evento na ligazón.