Universidade de Vigo

Xornada de Portas Abertas 2026: Conecta con atlanTTic

Demostracións tecnolóxicas, visitas aos nosos laboratorios e moitas sorpresas!

O venres 20 de novembro, no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebraremos unha nova edición da Xornada de Portas Abertas ‘Conecta con atlanTTic’. Nesta xornada poderedes coñecer de preto algunhas das investigacións e tecnoloxías que se desenvolven no centro, a través de demostracións tecnolóxicas, actividades e visitas guiadas ás nosas instalacións.

DATA: Venres 20 de novembro de 2026

HORARIOS:

  • De 9:30 a 12:30 h – Centros educativos
  • De 16:00 a 19:00 h – Público xeral

LUGAR: Centro atlanTTic e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo

INSCRICIÓNS:

A participación é de balde, pero é preciso inscribirse previamente:

Inscrición para centros educativos

Inscrición para público xeral

Postos divulgativos

Durante a xornada ‘Conecta con atlanTTic’ poderedes descubrir diferentes ámbitos das telecomunicacións e das tecnoloxías do futuro a través de demostracións en directo, xogos e postos divulgativos nos que participará o persoal investigador do centro.

Entre as propostas desta edición destacan a presenza de dous robots, un humanoide e outro cuadrúpede; modelos de satélites CubeSat e prototipos de robots deseñados para explorar covas lunares, ou a oportunidade de poñerse aos mandos dun coche teleoperado e comprobar como inflúe a velocidade da conexión 5G na súa condución.

Tamén haberá experiencias de realidade virtual aplicadas á educación e á formación médica, demostracións sobre o uso da intelixencia artificial e os reloxos intelixentes para estudar o movemento humano, así como outras propostas relacionadas coa cuántica, a fotónica, as comunicacións 5G e 6G e a exploración espacial.

A xornada incluirá tamén xogos, un fotomatón e máis sorpresas. Ademais, as persoas que completen o percorrido por todos os postos poderán participar nos sorteos de kits de agasallos de atlanTTic.

Visitas aos laboratorios

  • Laboratorio de Seguimento de Satélites.
  • Laboratorio de Acústica, que conta cunha sala semianecoica.
  • Laboratorio de Medidas Radioeléctricas, que alberga unha cámara anecoica.

Agardámosvos en Conecta con atlanTTic para descubrir, experimentar e achegarvos ás telecomunicacións e ás tecnoloxías que están a transformar o futuro!

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e cofinanciamento dos fondos FEDER, como centro pertencente á Rede CIGUS.