Universidade de Vigo

Caeiro Rodríguez, Manuel

Caeiro Rodríguez, Manuel
Profesor/a titular de universidad
Grupo de investigación
Contacto
Despacho B-101

Manuel Caeiro Rodríguez é Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (2007) pola Universidade de Vigo. Especializouse no desenvolvemento de sistemas Web e na aplicación das tecnoloxías da información e comunicación á educación, particularmente no campo das linguaxes de modelado educativo, sistemas de xestión de procesos, aprendizaxe autorregulado, learning analytics e recursos educativos abertos. Participou en distintos proxectos de investigación, tanto en convocatorias europeas (7), como nacionais(4) e autonómicas. No bienio 2012-2013 dirixiu unha rede de investigación financiada pola Xunta de Galicia que foi renovada por 2 anos máis en 2014-2015 sendo o seu investigador principal. En canto á súa participación en contratos con empresas acredítase a colaboración en máis de 30 contratos nos que se realizou transferencia de tecnoloxía de carácter innovador, especialmente no contexto de aplicacións Web e de sistemas de soporte á educación. Destácase como Investigador Principal en catro contratos con Gradiant no campo do Learning Analytics. Tamén participa activamente no Capítulo Español da Sociedade da Educación do IEEE, sendo o presidente no período 2018-2019.