Universidade de Vigo

García Mateo, Carmen

García Mateo, Carmen
Catedrático/a de universidad
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-015

Carmen García Mateo obtivo os títulos de Doutora e Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid en 1993 e 1987 respectivamente. É investigadora responsable do Grupo de investigación en Tecnoloxías Multimedia (GTM) do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo. Desde 1987 é profesora na Universidade de Vigo onde na actualidade é Catedrática de Universidade no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións. Foi Vicerreitora de Titulacións e Converxencia europea da Universidade de Vigo desde Xuño do 2006 a Xuño de 2010 con responsabilidade na posta en marcha das titulacións de grao e master adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Foi investigadora visitante na California University-Santa Bárbara (1994), Bell Labs (1997 e 1999), Michigan State University (2005) e a University of Canterbury (UK, 2013). Presidiu FALA2010: “VI Jornadas en Tecnología del Habla” e o “II Iberian SLTech Workshop”. Recibiu o premio “2014 Xunta de Galicia- Maria Josefa Wonenburger” pola súa carreira profesional. Na actualidade, é coordinadora do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

As súas áreas de investigación son tecnoloxía do fala en galego e castelán, segmentación de audio e recoñecemento biométrico de persoas. Realizou estadías de investigación postdoutorais na Universidade de California campus de Santa Barbara (UCSB) en 1994, nos Laboratorios Bell (USA) 1997 e 1999, na Michigan State University (USA) en 2005, e a Universidade de Kent (UK) en 2013. É coautora de máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais e dirixiu 10 teses de doutoramento.