Universidade de Vigo

Axudas para contratos Juan de la Cierva 2023

Prazo interno atlanTTic: 15/01/2024 ás 17:00 horas

Prazo investigador/a (cumplimentación formulario): 17/01/2024 – 31/01/2024 ás 14:00 horas

Prazo UVigo (sinatura e presentación solicitud): 17/01/2024 – 07/02/2024 ás 14:00 horas

O centro procura persoal posdoutoral novo que realizara a súa tese noutra institución e queira desenvolver a súa carreira investigadora da man do noso equipo coa solicitude das AXUDAS PARA CONTRATOS JUAN DE LA CIERVA da Agencia Estatal de Investigación.

Podes consultar toda a info da convocatoria aquí.

Se tes o título de doutor obtido entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro do 2023 (ou desde un ano antes para o turno JDC-INIA-CCAA), únete a atlanTTic e poderás desenvolver un traballo ilusionante nas áreas que sentarán as bases para as solucións tecnolóxicas do futuro:

  • Redes B5G e comunicacións sen fíos
  • Fotónica e microelectrónica integradas
  • Sistemas aeroespaciais e de defensa
  • Servizos electrónicos e intelixentes
  • Cloud, edge, sistemas embebidos e IoT
  • Seguridade e privacidade
  • Criptografía e comunicacións cuánticas

As persoas interesadas poden contactar connosco enviando un correo electrónico co asunto “Axuda JdC” a persoal@atlanttic.uvigo.es

Únete a atlanTTic e impulsa a túa carreira, agardámoste!