“Autoeficacia y Neurociencia: la necesidad de creer en que uno puede hacer el proyecto” (12 horas)
O obxectivo deste curso é capacitar aos investigadores e investigadoras para desenvolver unha sólida percepción de autoeficacia, utilizando principios da neuoricencia para fortalecer a súa confianza na realización de proxectos complexos.
O curso terá unha duración total de 12 horas, distribuídas en 4 sesións de 3 horas cada unha. Os detalles do curso son os seguintes:
- Datas: 10, 12, 17 e 19 de xuño de 2025
- Horario: de 10:00 a 13:00 h.
- Lugar: Sala Acristalada, A010
- Idioma: Castelán
- Imparte: Luis Gil Calzada
Bio do relator: Psicólogo con 25 anos de experiencia en intervención psicolóxica, orientación laboral e investigación. Especializado en avaliación, tratamento conductual e deseño de proxectos en ámbitos clínicos, laborais e sociais. Ampla traxectoria en análise estatístico, xestión de equipos e docencia en psicoloxía, igualdade e recursos humanos.
Contidos:
- Concepto de autoeficacia e o seu impacto na investigación.
- Bases neurocientíficas da autoeficacia.
- Estratexias para potenciar a autoeficacia.
- Construción dunha contorna de autoeficacia.
Actividades:
- Autoavalición de creencias de autoeficacia: Uso de escalas e exercicios reflexivos para identificar niveis de autoeficacia.
- Taller de visualización: Práctica guiada de visualización de éxito en proxectos.
- Simulación de retos: Resolución dun caso práctico en investigación, aplicando técnicas de autoeficacia.
- Desenvolvemento dun plan persoal: Creación de estratexias concretas para fortalecer a autoeficacia en proxectos actuais.