Universidade de Vigo

IA4Women, a ferramenta contra o machismo dixital

Nos últimos tempos están a xurdir novas formas de violencia e acoso no ámbito da rede, e ao igual que ocorre noutro tipo de de violencias, as mulleres a sofren en maior medida. A frecuencia, a diversidade e a intensidade deste tipo de violencia, denominada violencia de xénero dixital ou machismo dixital, multíplicase na rede, posto que o agresor se sinte protexido polo anonimato e a distancia coa vítima. Ante esta problemática xorde IA4Women, unha ferramenta web de Intelixencia Artificial para mulleres que permite analizar, mediante técnicas de procesado da linguaxe natural e machine learning, comentarios machistas nas redes sociais. Segundo a porcentaxe de violencia que haxa nos comentarios, un semáforo establece unha cor en función do seu grao. Grazas a análise, xerouse unha base de datos con comentarios extraídos de diferentes redes sociais que contén preto de 87.000 entradas das que se etiquetaron manualmente máis de 6.500 comentarios según o grado de presenza de machismo.

O proxecto, no que participa atlanTTic xunto a DATASALUS, está financiado pola Cátedra Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo. O  equipo de investigación do proxecto está ademais integrado por: Rebeca Díaz Redondo e Ana Fernández Vilas, ambas investigadoras de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, Mateo Ramos Merino e Sonia Valladares Rodríguez, ámbolos dous de DATASALUS.

Obradoiros formativos para adolescentes

No marco do proxecto impartíronse ademais un total de 11 obradoiros formativos, en tres centros educativos da cidade de Vigo, dirixidos a adolescentes, o colectivo máis vulnerable ante este tipo de comentarios vexatorios ás mulleres. Os talleres celebráronse cos obxectivos de sensibilizar ao alumnado ante esta problemática, concienciar sobre o impacto que teñen estes comentarios e informar sobre a potencialidade das novas tecnoloxías para combater estas situacións.