Coordinator
Llamas Nistal, Martín
As liñas de investigación do grupo céntranse no traballo de prestación de servizos telemáticos en áreas de aplicación diferentes (e-goberno, e-learning, e-commerce, e-saúde, etc.) e os medios heteroxéneos (móbil, televisor, computador).
Os principais campos de interese do grupo son a formalización dos sistemas de distribución, a interconexión de sistemas heteroxéneos, a interoperabilidade en contornas de distribución e os sistemas de xestión de contidos, entre outros.
Liñas de investigación
- Intelixencia Artificial e Xogos Serios para a detección temperá de enfermidades asociadas ao envellecemento.
- Servizos de TV dixital para persoas maiores.
- Sistemas intelixentes e Aprendizaxe Máquina.
- E-health Process Mining. Seguimento, control de procesos, trazabilidade e adhesión a protocolos no ámbito da saúde.
- Multimodal Learning Analytics. Análise de datos recollidos a partir de diferentes fontes (sistemas LMS, dispositivos móbiles e wearables) para comprender de forma holística o proceso de aprendizaxe.
- E-avaliación.
- E-learning centrado nos Recursos Educativos Abertos, sistemas de avaliación e aprendizaxe autorregulado.