Universidade de Vigo

Anido Rifón, Luis Eulogio

Full Professor
Research group
Contact
Despacho B-205

Luís Anido Rifón (Lugo, 1973) é Enxeñeiro de Telecomunicación (1997) nas especialidades Telemática e Comunicacións, e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (2001) pola Universidade de Vigo. Desde o ano 2009 é Catedrático de Universidade no Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo. Foi director de diferentes áreas adscritas a vicerreitorados entre o ano 2002 e 2015 e xestor do programa sectorial TIC do plan galego de I+D. As súas áreas de traballo actuais céntranse na aplicación das TIC no ámbito da educación e atención a persoas maiores. Son do seu interese o Machine Learning, Data Mining, SmartTVs, estandarización e interoperabilidade. Dirixiu máis dunha vintena de proxectos competitivos a nivel autonómico, nacional e europeo, incluíndo 7º Programa Marco e H2020. É autor de máis de 40 artigos científicos en revistas indexadas de primeiro nivel e de máis de 200 traballos presentados en conferencias e congresos internacionais. Recibiu premios como autor principal de traballos presentados na prestixiosa World Wide Web Conference organizada polo W3C nas súas edicións de 2001 e 2002. Premio de cooperación empresarial da ETSI Telecomunicación. Premio de Mozos investigadores da Real Academia Galega de Ciencias, Premio á Mellor Tese Doutoral do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Fin de Carrera do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia.