Universidade de Vigo

atlanTTic participará no XXIV Foro Tecnolóxico de Emprego

A XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego reunirá no Campus Universitario de Vigo ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Celebrarase do 5 ao 7 de marzo de 2024 nas tres escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo: Industrial, Minas e Enerxía, e Telecomunicación.

O foro contará coa presenza de postos de máis de 40 empresas nos que as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos, ofrecéndolle así ao alumnado a oportunidade de establecer contacto directo cos seus futuros empregadores. Xunto a isto desenvolveranse tamén múltiples conferencias, workshops, simulacións de entrevistas…

Stands

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, estará novamente neste evento e contará cun posto informativo no que poderedes charlar directamente co noso persoal e coñecer as oportunidades laborais que ofrecemos. Poderás visitarnos no stand número 9, que estará situado no hall da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Workshop de atlanTTic: 6 de marzo ás 18:30 h.

Ademais, atlanTTic ofrecerá un workshop o mércores 6 de marzo de 18:30 a 20:00 h. na aula T-109 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET). No workshop “Únete a atlanTTic e deseña as tecnoloxías do futuro! Impulsa a túa carreira profesional no eido das tecnoloxías de telecomunicación e os servizos dixitais” poderás coñecer as oportunidades e vantaxes que ofrece a investigación para o desenvolvemento profesional.

Achégate a coñecer de primera man a experiencia de antigas/os estudantes en diferentes etapas da súa carreira profesional. Podes realizar a túa inscrición no seguinte formulario:

Participarán:

  • Miguel Álvarez Iglesias, xestor do Centro.
  • Juan José López Escobar, investigador en redes avanzadas de comunicacións 5G & Beyond.
  • Manuel Diz Folgar, investigador en sistemas aeroespaciais.
  • Carmen Valiñas Pereira, xestora de proxectos do grupo COM-atlanTTic (UVigo) e Em3Works.

Tentarase crear un espazo para o diálogo onde as persoas asistentes poderán dialogar co equipo de atlanTTic para resolver as súas dúbidas sobre as oportunidades laborais en carreiras técnicas. Agardámosvos no FOROXXIV!