“Sinais do corazón” é o segundo episodio da serie de podcast co gallo do Día Mundial da Saúde, no que participan Artemio Mojón Ojea, investigador de atlanTTic e profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e Juan José Crespo Sabarís, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Bembrive.
Se queres saber máis sobre a cronobioloxía e as consecuencias das alteracións nos ritmos circadianos para a túa saúde cardiovascular, non te perdas esta conversa conducida polo xornalista Gabriel Fuentes.
É unha iniciativa da Unidade de Cultura Científica da UCC coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, coa que promover a prevención das enfermidades cardiovasculares, resaltar a importancia da saúde cardiovascular feminina e impulsar a adopción de hábitos saudables entre a poboación galega.
Pódese acceder a este podcast a través da canle de Youtube da UCC: https://www.youtube.com/watch?v=ay3tp84KU4U