Universidade de Vigo

G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras

O próximo 29 de setembro volve a G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras, organizada pola Unidade de Cultura Científica da Uvigo e a Universidade de Vigo.

Persoal investigador de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación participarán na expo-feira científica con “Achégate ás telecomunicacións”, un posto no que poderedes coñecer moitas curiosidades relacionadas coa tecnoloxía e as telecomunicacións.

Data: venres 29 de setembro de 2023

Hora: de 17:00 a 21:00 h.

Lugar: Edificio Redeiras, Praza do Berbés (Vigo)