O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) estivo desenvolvendo de maneira consistente dúas liñas de investigación paralelas que fan uso extensivo de avanzadas ferramentas de procesamento de sinal. Por unha banda, temos experiencia na aplicación de dicha técnicas en sistemas de comunicación e redes de sensores, por exemplo, en sincronización, ecualización, monitoraxe e adaptación de ligazóns, comunicacións por satélite e mmWave, detección de espectro, etc. Doutra banda o grupo tamén estivo activo no campo da seguridade multimedia, incluíndo marcas de auga dixital, forensia dixital e procesamento de sinais no dominio cifrado (SPED).
A competencia do grupo queda certificada cos resultados obtidos nestas áreas: nos últimos 10 anos, os membros do GPSC dirixiron 9 tese doutorais, publicado máis de 70 traballos en revistas internacionais e captado máis de 9 millóns de euros de fondos públicos (incluíndo Proxectos europeos) e de fontes privadas (con máis de 10 patentes).
Liñas de investigación
- Seguridade multimedia.
- Forensía multimedia.
- Marcado de auga dixital.
- Tecnoloxías de mellora da privacidade.
- Procesado de sinal no dominio cifrado.
- Comunicacións dixitais.
- Estimación de canle.
- Radio Cognitiva.
- Comunicacións por satélite.
- Mellora da eficiencia nas comunicacións dixitais.
- Procesado adaptativo de sinal.
- Comunicacións “Full-Duplex”.
- Redes de sensores.