Universidade de Vigo

Presentación do libro “Design Thinking y Acción”

“Design Thinking y Acción: Innovación y colaboración el el aula híbrida con MIRO”, Editorial AulaMagna

Este libro ofrece unha proposta innovadora para desenvolver proxectos de Design Thinking utilizando os taboleiros colaborativos en liña de MIRO. Dirixido especialmente a formadores, consultores e orientadores, nel atoparás unha guía práctica apoiada en modelos visuais que facilitan cada etapa do proceso.

A través do uso de metáforas e simbolismos, amósase como dirixir a a acción ó verdadeiramente significativo de cada etapa, destacando os conceptos clave e evitando desviacións. Esta obra non só che amosará como aplicar o Design Thinking na práctica, senón que che axudará a facelo de forma controlada, estruturada e orientada ao éxito.

O vindeiro mes de xullo, na Universidade de Vigo, celebraremos unha xornada de presentación do libro na que contaremos coa presenza dos seus editores, Manuel Caeiro Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Gustavo Zurita Alarcón, da Universidad de Chile.

  • Data: luns 7 de xullo de 2025
  • Hora: 15:00 horas
  • Lugar: Espazo INCUVI, Campus de Vigo, Universidade de Vigo

Durante a presentación, haberá coffee-break e poderás conversar cos autores.

INSCRÍBETE AGORA