PECHADA
Prazo interno atlanTTic:
Prazo de solicitude: –
Desde atlanTTic temos interese en incorporar investigadoras e investigadores posdoutorais que queiran integrarse nun equipo de prestixio, traballando man a man con outros centros de I+D e empresas de referencia internacional.
Solicitas con nós as Axudas para contratos Ramón y Cajal 2023 da Axencia Estatal de Investigación e poderás desenvolver o teu traballo en calquera das seguintes áreas:
- Redes B5G e comunicacións sen fíos
- Fotónica e microelectrónica integradas
- Sistemas aeroespaciais e de defensa
- Servizos electrónicos e intelixentes
- Cloud, edge, sistemas embebidos e IoT
- Seguridade e privacidade
- Criptografía e comunicacións cuánticas
Se tes o título de doutoramento obtido entre o 1 de xaneiro do 2013 e o 31 de decembro do 2021, ou se accedes polo turno RyC-INIA-CCAA, entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2020, non dubides en contactar con nós enviando un correo electrónico co asunto “Axuda RyC” a personal@atlanttic.uvigo.es
Podes consultar o proceso interno da UVigo para a selección de perfís aquí.
Únete a atlanTTic e impulsa a túa carreira, agardámoste!