O próximo mércores 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con atlanTTic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e que conta co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no eido da ciberseguridade.
No evento poñeranse a proba os coñecementos das e dos participantes no ámbito da ciberseguridade, que terán que “capturar a bandeira”, a través dunha serie de retos en diferentes categorías:
- Esteganografía
- Forense
- Pentesting
- …
Modalidades de participación:
- CITIC da Universidade da Coruña (Presencial).
- atlanTTic da Universidade de Vigo, na E.E. de Telecomunicación (Presencial).
- Online.
Requisitos:
- Ser estudante do curso 2021/22 ou 2022/23 de calquera nivel educativo.
- Dispoñer dun computador persoal con conexión a Internet.
- Equipos de entre 1 e 5 persoas.
- Ganas de demostrar habilidades en ciberseguridade.
Premios:
A organización do concurso repartirá premios entre os 3 equipos gañadores e agasallos para todas e todos os participantes na modalidade presencial. En concreto ofreceranse tres premios de 1000 €, 700 € e 400 €.
Inscricións:
O prazo de inscrición xa está aberto e poderanse rexistrar inscricións ata o 29 de marzo. Podes realizar a túa inscrición nesta ligazón.
Máis información: https://c3tf.io/