Universidade de Vigo

Entrega do II Premio atlanTTic á Mellor Tese Doutoral no ámbito das Tecnoloxías de Telecomunicación

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo; Martín Llamas, director de atlanTTic; Luis M. Álvarez Sabucedo, subdirector de atlanTTic; persoa gañadora do premio atlanTTic.

A sala Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero acolle o acto do II Premio atlanTTic á Mellor Tese Doutoral no ámbito das Tecnoloxías de Telecomunicación. Durante o acto o/a premiado/a fará unha presentación da tese gañadora nesta segunda edición.