Universidade de Vigo

Information Technologies Group

Coordinator
González Castaño, Francisco Javier
Website

O Grupo de Tecnoloxías da Información, integrado en atlanTTic, investiga en tecnoloxías intelixentes en rede, aplicacións avanzadas, análise de datos e intelixencia artificial. Ten unha forte orientación á transferencia tecnolóxica. Ó longo da súa traxectoria colaborou coas principais empresas TIC galegas (Televés, R, Optare, SAEC DATA, Quobis…) e españolas (Telefonica, Indra, Abengoa, Cellnex…). A nivel internacional destacan as súas colaboracións con Nokia e Oulu Smart City.

Ata a data produciu dúas spin-offs, unha das cales (Infinbox) permanece activa no mercado de aplicacións multimedia para contornas hospitalarias. En 2017 foi un dos sete grupos galegos seleccionados para o programa Ignicia de valorización de resultados de I+D. É Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia desde desde as orixes do programa. Da súa man, a Universidade de Vigo foi admitida no consorcio internacional Open Air Interface en Tecnoloxías de rede e forma parte de comité executivo da acción COST Chipset para computación de altas prestacións (HPC) e Big Data. Os seus catorce apps do proxecto Accegal, entre as que destaca PictoDroid Lite, axudan á comunicación de persoas con diversidade e contan na actualidade con preto de 90.000 descargas. Adicionalmente, colaborou coas forzas de seguridade españolas na persecución de delitos na rede. Nese contexto, a súa tecnoloxía de chatterbots foi a base para o desenvolvemento de NegoBot e actualmente utílizase para o desenvolvemento de asistentes virtuais e tutorización en plataformas de aprendizaxe electrónica.

Liñas de investigación

  • Tecnoloxías de distribución multimedia.
  • Redes de comunicacións 5G.
  • Análise de datos.
  • Redes sen fíos.
  • Aplicacións avanzadas.