Universidade de Vigo

Multimedia Technologies Group

Coordinator
García Mateo, Carmen
Website

O grupo centra as súas actividades no campo do procesamento de sinais e mantén liñas de investigación activas nas áreas de tecnoloxías de voz, acústica e procesamento de son, imaxes e vídeo.

O equipo investigador da Universidade de Vigo (UVIGO) ten unha ampla e contrastada experiencia (de máis de vinte anos) nas liñas de investigación de conversión texto-voz (TTS) e recoñecemento automático de voz (ASR) nos idiomas galego e castelán, e na liña de análise e recoñecemento facial (iniciada hai máis de 15 anos). Nestes campos participou nun bo número de proxectos financiados a nivel europeo, nacional e autonómico, ademais de diversos contratos con empresas. Como resultado, este equipo dispón dos seus propios algoritmos e ferramentas software, aspecto que permite a súa adaptación a un novo marco experimental nun prazo breve.

Liñas de investigación

  • Procesamento de imaxe e video: detección e clasificación de eventos, rexistro de imaxes, análise e recoñecemento facial, visión artificial.
  • Recoñecemento de padróns, aprendizaxe automático, identificación biométrica multimodal.
  • Procesamento da fala: recoñecemento da fala e de falantes, análise e procura en voz, conversión texto-fala e fala-texto, transformación de voces.
  • Acústica e audio: acústica arquitectónica, acústica submariña, medidas e métodos numéricos para acústica, sistemas de adquisición e procesado de sinais acústicas, calidade do son e procesado de sinais de audio.