O Grupo Sistemas de Radio da Universidade de Vigo desenvolve unha importante actividade de I + D, colaborando con diferentes empresas e organizacións, combinando así a excelencia científica e a transferencia de tecnoloxía ao mercado.Isto é consecuencia da ampla gama de aplicacións de tecnoloxías de comunicación, pero tamén é o resultado das instalacións dispoñibles nos laboratorios, o persoal e a súa ampla experiencia investigadora.
Participa activamente en proxectos de I+D (rexionais, nacionais e europeos). Como exemplo da súa actividade, algúns dos proxectos atópanse resumidos na páxina web.Desde o grupo coordínanse programas de posgrao, colaborando así na formación de novos científicos nunha contorna internacional competitiva.
Liñas de investigación
- Sistemas radio.
- Comunicacións móbiles.
- Redes LAN sen fíos.
- Redes punto a multipunto.
- A televisión dixital (terrestre, por satélite)
- Análise da canle de radio.
- Caracterización das degradacións da propagación.
- Ruidos e interferencias e deseño de técnicas para mitigar estes problemas.
- Deseño, construcións e medida de antenas para diferentes aplicación.
- Radar, con énfase nas técnicas de medición polarimétricas para o radar meteorolóxico e SAR.
- Passive radar.