Universidade de Vigo

García-Tuñón Blanca, Inés

Associate Professor
Research group
Contact
Despacho A-105

En 1999 finaliza os seus estudos de Enxeñaría Superior en Telecomunicacións na Universidade de vigo. Durante case dous anos traballa en Telefónica I+D. En outubro de 2000 regresa á Universidade de Vigo integrándose no grupo de investigación COM do Departamento de Teoría da Sinal e Comunicacións (TSC). En outubro de 2002 obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) no subprograma Sistemas Avanzados de Telecomunicación. En 2006 defende a súa tese doutoral. Foi seleccionada no Plan Especial de Promoción de Persoal Docente e Investigador da UVigo 2010/2011 e posúe a acreditación da ANECA ao Corpo de Titulares de Universidade desde 14/02/2011. Desde xuño de 2012 é Profesora Titular da Universidade de Vigo.

A súa actividade investigadora desenvólvese en dúas liñas principais: métodos eficientes para a simulación de problemas electromagnéticos e medida da sección equivalente radar (RCS). A primeria delas, na que se enmarca a súa tese doutoral, está centrada no campo do electromagnetismo computacional, desensolvendo métodos e técnicas rigurosas e eficientes para a análise e deseño de todo tipo de estruturas. A segunda liña de investigación enmárcase no ámbito do radar e as súas aplicacións, concretamente na predicción, reducción e medida da sección radar (RCS), perfiles de alta resolución (HRR) e obtención de imxes radar (ISAR), firma radar e firma infravermella (IR) no ámbito da Defensa. Participou en máis de 60 proxectos e contratos de I+D (19 como Investigadora Principal), é autora de varios artigos publicados en revistas JCR e contribucións a congresos, conta con 3 sexenios de investigación, 1 sexenio de transferencia, unha tese doutoral dirixida e outra en dirección, ademais de numerosos PFC dirixidos.

Nos últimos anos compatibiliza a actividade docente e investigadora coa xestión académica, sendo coordinadora do módulo de formación básica do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e de diferentes materias, así como Secretaría do Departamento de TSC desde o ano 2010 ata setembro de 2016 e, desde entón, Directora de Departamento de TSC.