Universidade de Vigo

Rodríguez Rodríguez, José Luis

Contact
Despacho A-106

Enxeñeiro de Telecomunicación e Doutor da Universidade de Vigo en 1992 e 1997, respectivamente. En 1993 realizou unha estadía de investigación no ElectroScience Laboratory, na The Ohio State University. En 1994 comezou a súa carreira docente na Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo, sendo actualmente Catedrático de Universidade. Traballa tamén como asesor para a Armada en medidas de superficie equivalente radar e compatibilidade electromagnética, sendo representante nacional nos grupos OTAN correspondentes.