Universidade de Vigo

3D Big Data to enrich the European Data Space for Cultural Heritage (3DBigDataSpace)

Year: 2025

Principal researcher: Francisco de Arriba Pérez

Financing: Unión Europea, Digital Europe

Period: 01/02/2025 - 31/07/2026

ID: 101173385

O proxecto 3DBigDataSpace pretende ampliar significativamente o número de contidos 3D de alta calidade para o patrimonio cultural mediante a inclusión deste contido desde diferentes provedores e agregadores, co que configurar un almacenamento estable e un longo prazo en toda Europa. Este proxecto involucra o uso da Intelixencia Artificial para mellorar a capacidade de búsqueda, a contextualización e a reutilización persoalizada do contido, así como para procesar, analizar e enriquecer automaticamente os modelos. Concretamente, facilitará que empresas de patrimonio e turismo e institucións culturais utilicen ferramentas e fluxos de traballo desenvolvidos en 3DBigDataSpace para cargar contido 3D. Esto permitirá o seu uso como inventario para visores de realidade virtual/aumentada e aplicacións 4D, aproveitando as capacidades de xeoposición das que dispoñan dos actuais dispositivos móbiles. Ademais, estes modelos serán enriquecidos con descritores embebidos que contextualizan ao elemento visible, aplicando técnicas de mellora do rendemento de renderizado que permite unha carga máis rápida. O deseño deste sistema irá acompañado de escenarios de proba en museos, rutas patrimoniais e camiños locais, así como de actividades educativas e de divulgación para brindar a posibilidade de que participen e utilicen os resultados de 3DBigDataSpace nun gran número de persoas e institucións interesadas.