mmDEN6 constitúe unha ampliación e mellora do equipamento adquirido dentro do proxecto DEN6 coa incorporación a esta infraestrutura da tecnoloxía de acceso na banda de frecuencias de ondas milimétricas ou mmWave (FR2), que permitirá a implementación de funcións de rede virtualizadas no núcleo da rede, nas localizacións Edge ou nos elementos intermedios.
Así, con mmDEN6 poderare cubrir varias zonas do Campus Universitario de Vigo cunha densa rede de celdas (zonas interiores e zonas exteriores), que permita emular zonas industriais e zonas urbanas sobre as que se poderá realizar probas sobre os novos servizos máis avanzados de 5G e posteriores (redes industriais, redes urbanas ultradensas, realidade estendida, etc.).
mmDEN6 implementará unha red 5G completamente funcional e compatible con terminais comerciais sobre a que experimentar novos protocolos de xestión de handovers, a movilidade de aplicacións Edge acompañando aos usuarios, novas técnicas de Network Slicing dinámico, etc. Servirá ademais para realizar probas sobre os novosparadigmas “cell-less”, “zero-touch”, “intent based networking” ou sobre a aplicación da intelixencia artificial para a xestión das redes móbiles.
Espacio experimental en frecuencias de ondas milimétricas para redes ultradensas 6G (mmDEN6)
Year: 2024
Principal researcher: Felipe Gil Castiñeira
Financing: Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital. UNICO l+D 6G 2023
Period: 01/01/2024 - 30/06/2025
ID: TSI-064100-2023-38