Conectados 5G: conectividade intelixente camiñando cara ao futuro

O vindeiro luns 19 de decembro de 2022, o Observatorio Nacional 5G (iniciativa da fundación Mobile World Capital), en colaboración co Concello de Vigo, organiza a xornada Conectados 5G, unha cita onde profesionais do sector abordarán os principais retos e oportunidades da tecnoloxía 5G para Vigo. Un evento onde repensar, debatir, analizar e buscar oportunidades para que a túa cidade poida convertirse nunha urbe intelixente, conectada, sostible e competitiva ao noso servizo, ao da cidadanía, das empresas, das emprendedoras e emprendedores, das entidades e da sociedade en xeral.

Participarán nesta xornada Felipe Gil-Castiñeira e Francisco Javier Diaz Otero, investigadores de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Felipe Gil-Castiñeira participará ás 10:30h  na mesa redonda “VIGO: innovación tecnolóxica no ecosistema 5G” e Francisco Javier Diaz Otero ás 12:25h na mesa redonda “5G e o auxe de novos verticais: o impacto da nova conectividade para o emprendemento”.

Podes consultar o programa completo e realizar a inscrición na seguinte ligazón.