O centro de investigación atlanTTic comeza o ciclo de conferencias “TTIc Talks”, orientado a falar dos temas esenciais en tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais, xunto co seu impacto na sociedade.
A primeira sesión deste ano está aberta a toda a comunidade investigadora da Universidade de Vigo, e contará coa participación de Ricardo Baeza-Yates, unha das figuras máis recoñecidas internacionalmente no ámbito da ciencia de datos e a intelixencia artificial.
📅 Data e horario: 23/03/2026 ás 12.30h
👩🏫 Imparte: Ricardo Baeza-Yates
📍 Modalidade: Presencial no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
🗣️ Idioma: Español
Nesta charla abordaranse os principais riscos asociados ao desenvolvemento e uso da intelixencia artificial, incluíndo cuestións como a discriminación algorítmica, o uso pseudocientífico dos datos, as limitacións tecnolóxicas e humanas dos sistemas de IA, o consumo de recursos naturais e o impacto da IA xerativa en ámbitos como a desinformación, a saúde mental ou os dereitos de autor. A partir destes exemplos discutirase tamén algúns dos principais desafíos actuais en torno á gobernanza, regulación e desenvolvemento responsable da IA.
Sobre o relator: Ricardo Baeza-Yates é doutor en Ciencia da Computación pola University of Waterloo (Canadá) e actualmente é profesor en KTH (Estocolmo), na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona) e na Universidade de Chile (Santiago de Chile). Entre 2021 e 2025 foi director de investigación do Institute for Experiential AI da Northeastern University (Silicon Valley). Fundou Yahoo Labs en Barcelona e Santiago en 2006 e foi vicepresidente de investigación de Yahoo ata 2016 en Sunnyvale (California). Recibiu numerosos recoñecementos internacionais e é ACM Fellow e IEEE Fellow, ademais de membro de diversas academias científicas.