Obxectivos do curso
Fortalecer a capacidade do persoal investigador para xestionar a comunicación en equipos de traballo e facilitar o cambio de actitudes cara a colaboración e a resolución de problemas.
O curso, en formato presencial, terá unha duración total de 12 horas, distribuídas en 4 sesións.
- Datas: 7, 12, 14 e 19 de maio de 2026
- Horario: de 16:00 a 19:00 h.
- Modalidade: Presencial, Sala de Xuntas, E.E. de Telecomunicación
- Imparte: Luis Gil Calzada
Contidos
- Comunicación efectiva en equipos de traballo:
- Principios de escoita activa e retroalimentación constructiva.
- Identificación de barreiras comunicativas e como superalas.
- Dinámicas de cambio de actitudes:
- Comprensión das actitudes e a súa influencia na dinámica grupal.
- Procesos de persuasión e cambio de actitudes en equipos multidisciplinares.
- Xestión de resistencias ao cambio:
- Estratexias para abordar o medo ao cambio e a incerteza.
- Técnicas para transformar a resistencia e compromiso.
- Construcción dunha cultura colaborativa:
- Como fomentar valores compartidos e competencias comúns.
- Uso de ferramentas dixitais para a comunicación e colaboración efectiva.
Sobre o relator
Luis Gil Calzada é psicólogo con máis de 25 anos de experiencia en intervención psicolóxica, investigación e orientación laboral. Especializado en avaliación, tratamento conductual e deseño de proxectos en ámbitos clínicos, laborais e sociais, e con ampla traxetoria en análise estatístico, xestión de equipos e docencia en psicoloxía, igualdade e recursos humanos.