Universidade de Vigo

Acto de presentación: Rede experimental 5G & 6G da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo e o Centro de Investigación atlanTTic organizan o acto de presentación da Rede experimental 5G e 6G da UVigo, unha iniciativa clave para impulsar as infraestruturas de investigación e o desenvolvemento das redes avanzadas de comunicación.

📅 Data: mércores 25 de febreiro de 2026
Horario: 10:30 – 12:40 h
📍 Lugar: Edificio Redeiras da UVigo, Sala de Exposicións (Andar 3)

Durante a xornada abordarase os retos e oportunidades das redes 5G e a súa evolución cara ao 6G, así como o papel das redes privadas e públicas como facilitadoras tecnolóxicas para a industria e a sociedade.

Programa:

10:30-10:40 h | Apertura institucional. Manuel Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo.

10:40-11:00 h | Rede UNICO 5G da UVigo (DEN6 e mmDEN6). Felipe Gil Castiñeira, atlanTTic, UVigo.

11:00-11:20 h | Evolución das redes 5G cara o 6G. Alejandro Alonso Portero, Telefónica.

11:20-12:20 h | Mesa redonda: “As redes 5G experimentais como impulsores do I+D”.

Modera: Javier Martínez Borreguero, Industry 4.0 Global Head en Telefonica Tech.

Participan:

  • Pili Chapela, directora de Retegal.
  • Isaac Ballesteros, CTO de Centum.
  • Fernando Lamela, director de Tecnoloxía 5G en Optare Solutions.
  • Pablo Fondo Ferreiro, investigador senior en atlanTTic (UVigo).

12:20-12:35 h | Peche institucional. Matías González Martín, Secretario Xeral de Telecomunicacións, Infraestruturas Dixitais e Seguridade Dixital, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública.

12:35-13:40h | Aperitivo e networking.

Inscríbete no evento

Este evento será un punto de encontro para persoal investigador, empresas tecnolóxicas, administración pública e profesionais interesados no futuro das telecomunicacións e das infraestruturas dixitais.