Universidade de Vigo

Xornada colaborativa IIS Galicia Sur-atlanTTic

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e atlanTTic Research Center organizan unha xornada colaborativa concibida como un espazo de encontro entre persoal investigador, sanitario e tecnólogo.

O obxectivo é conectar necesidades clínicas reais con capacidades tecnolóxicas, facilitando a identificación de sinerxías concretas e o deseño de proxectos colaborativos nos ámbitos da saúde dixital, a medicina de precisión e a intelixencia artificial.

Esta xornada permitirá visibilizar capacidades existentes, reforzar proxectos colaborativos en marcha e xerar novas oportunidades reais de colaboración, especialmente na validación clínica de tecnoloxías.

📅 Data: Xoves 12 de febreiro de 2026
🕥 Horario: 10:30 – 13:30 h
📍 Lugar: Salón de actos do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo
👥 Modalidade: presencial

Programa:
• Mesa de benvida e apertura institucional.
• Proxectos de éxito e modelos de colaboración consolidados.
• Mesa “Creando sinerxías”.
• Clausura e próximos pasos.
• Networking.

Para asistir é imprescindible inscribirse previamente: https://www.fundacionbiomedica.es/event/jornada-colaborativa-iis-galicia-sur-atlanttic/