Universidade de Vigo

Busto Castiñeira, Andrea

Andrea Busto Castiñeira recibe o título de Grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación con mención en Sistemas de Telecomunicación no ano 2020, e o Mestrado universitario en Enxeñaría de Telecomunicación con mención en Procesado do Sinal no ano 2022, ambos pola Universidade de Vigo. Actualmente alumna do programa de doutoramento DocTIC e beneficiaria dunha bolsa FPU, leva traballando co Grupo de Tecnoloxías da Información dende 2021. A súa principal área de traballo é o Procesamento da Linguaxe Natural, centrándose na xeración de linguaxe natural empregando modelos pre-adestrados.