Universidade de Vigo

atlanTTic abre as súas portas organizando unha xornada virtual

A xornada de portas abertas é unha das citas máis relevantes para o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, xa que nelas pode amosar o seu traballo á sociedade. Pero este ano, a covid-19 obrigou a reinventar este tipo de eventos e para esta ocasión o centro organiza unha xornada que se desenvolverá desde hoxe luns e ata o vindeiro domingo de maneira virtual.

Durante unha semana as persoas visitantes poderán coñecer máis a fondo a actividade investigadora que se leva a cabo no centro, descubrir curiosidades relacionadas con diversos aspectos das telecomunicacións e resolver todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir sobre eles. As xornadas están pensadas para todo tipo de público e pódese ‘asistir’ a través da web e das redes sociais do centro.

Seguir lendo no DUVI