Universidade de Vigo

O Centro dispone dunha serie de estruturas de goberno e xestión que garanten a excelencia, transparencia, responsabilidade, igualdade, rendición de contas, cultura organizacional e participación efectiva dos diferentes axentes implicados no proceso de investigación.

Organigrama

Comisión Reitora Equipo Científico Equipo de Soporte Comisión Científica Asesora Externa(CAE) Comité de Dirección (CD) Comité Científico Comisión de Formación Comisión de Infraestruturas Dirección Igualdade Consello Consultivo Empresarial

Comisión Reitora

Supervisa a actividade de atlanTTic, realizando un seguimento de seu traballo, avaliando o cumprimento de obxectivos e o seu plan de actuación.

Comisión Científica Asesora Externa

Órgano consultivo externo formado por personal investigador de recoñecido prestixio no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación, con funcións como a de proporcionar recomendacións estratéxicas e avaliar periódicamente a actividade científica do centro. 

Consello Consultivo Empresarial

Órgano consultivo externo integrado por empresas e organizacións do ámbito tecnolóxico e empresarial, coa misión de asesorar á Dirección incorporando a perspectiva do tecido produtivo e favorecendo a aliñación entre as prioridades científicas e os principais desafíos tecnolóxicos e industriais.

Comité de Dirección

A súa finalidade é o apoio na toma de decisións e o despregamento operativo das prioridades estratéxicas.

Comité Científico

Órgano de goberno con regulamento de funcionamento propio, con diferentes funcións nas que se incluen a aprobación do plan estratéxico, a aprobación da incorporación de novo persoal adscrito ou a proposición á Comisión Reitora de persoa candidatas á dirección do centro.

Comisión de Formación

Definición do plan de formación interno anual para todo o persoal do centro e deseño do itinerario formativo dedicado ao persoal investigador.

Comisión de Infraestruturas

Asesorar na adquisión de novas infraestructuras, na melloras das existentes e na definición dos servicios prestados a través de infraestructuras comúns.